O alcalde inaugurará un congreso da Asociación de Escritores en Lingua Galega
O alcalde, Lois Castrillo, inaugurará o IV Congreso de Escritores en Lingua Galega que se celebrará en Vigo do 14 ó 16 de decembro. Castrillo recibiu a Xosé María Álvarez Cáccamo e Francisco Bernárdez, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, que lle explicaron que o tema desta edición estará orientado á reflexión sobre a creación literaria no cambio de século.
O congreso contará cunha conferencia de apertura de Francisco Fernández del Riego e outra de clausura que ofrecerá Basilio Losada. As áreas de debate centraranse na creación literaria desde a perspectiva do escritor e na análise da proxección da literatura na sociedade.
Descargar todas as imaxes