Aprobada por aclamación a solicitude de declaración da Festa da Reconquista como de Interese Turístico
O Concello solicitaralle á Xunta de Galicia a declaración da Festa da Reconquista de Vigo como Festa de Interese Turístico, así como a súa inclusión no Plan Galego de Promoción do Turismo, segundo unha moción aprobada por aclamación polo Pleno da Corporación.
O pleno decidiu estudiar as suxerencias realizadas polo grupo popular respecto á ordenación do tráfico no barrio de San Roque a medida que se desenvolva o Plan de Humanización do Calvario. O concelleiro de Tráfico, Xoaquín de Acosta, explicou que unha das peticións do Partido Popular, a da construcción dun aparcadoiro nesa zona, está xa prevista no Peri S. Roque, actualmente en tramitación. Concretamente, no Peri recóllese a construcción dun aparcadoiro soterrado na zona de Pizarro con alo menos 200 prazas.
Xoaquín de Acosta anunciou tamén que Concellería de Tráfico lle facilitara ó Colexio de Avogados de Vigo o número necesario de tarxetas, ou calquera outro soporte, que permita aos avogados de garda aparcar nas inmediacións das dependencias policiais e xudiciais de Vigo. Deste xeito aténdese a petición realizada polo grupo popular.
No decurso do pleno anunciouse que o Concello vai acelerar os trámites para a adxudicación do servicio de recollida selectiva co obxectivo de beneficiarse de subvencións autonómicas e europeas. O novo prego de condicións incluirá as esixencias do convenio marco con Ecoembes para que o Concello poida beneficiarse das axudas autonómicas.
Por outra parte, encargarase un estudio do servicio de cobramento de recibos de abastecemento de auga da empresa concesionaria Seragua e instaráselle a realizar a lectura de contadores dentro dos 60 días correspondentes a cada facturación.
A moción do grupo Mixto municipal sobre a defensa do sector pesqueiro e a Unión Europea foi aprobada cos votos en contra do PP. Solicítase a convocatoria urxente do Consello Económico e Social para que se pronuncie sobre este asunto clave para Vigo e para Galicia e maila petición á Xunta de Galicia e ó Goberno central de que empreguen tódolos argumentos convenientes para convencer os socios comunitarios da imperiosa necesidade de renegociar o inxusto Tratado de Adhesión no que atinxe ó Sector Pesqueiro e mailos seus derivados.
Descargar todas as imaxes