Pleno da Corporación Municipal
A Corporación municipal celebrará un Pleno ordinario o próximo luns que comezará coa comparecencia do rector, Domingo Docampo, para expoñer a posición da Universidade de Vigo sobre a Lei de Ordenación Universitaria actualmente en trámite parlamentario.
Nesta sesión producirase a renuncia de Dolores Villarino ó cargo de concelleira do Concello de Vigo. Tamén se dará conta da resolución da Alcaldía do 12 de novembro de 2001 en execución de sentencia pola que se separa do servicio a catro axentes da Policía Local.
No decurso da sesión someterase a votación o Plano Municipal de Voluntariado e a proposta de creación dunha Axencia Intermunicipal da Enerxía en Vigo.
Na orden do día do Pleno inclúense, entre outros asuntos, a aprobación inicial da declaración do corredor natural do Río Lagares e do Parque Quiñones de León-Castrelos coma espacio natural de interese local: o proxecto de execución básico de construcción do museográfico da ” Casa das Palabras”: a proposta de adxudicación do concurso para a execución das obras dos proxectos de ampliación da infraestructura de saneamento ou a revisión de prezos do contrato de servicios nas piscinas e ximnasios municipais.
O Pleno tamén estudiará a solicitude de nomeamento para que o campo de fútbol situado no recheo de Bouzas se denomine ” campo municipal de Bouzas Baltasar Pujales” así como a denominación de rúas cos seguintes nomes: Johan Carballeira, José Franco Montes e Ernesto Lecuona, Pintor San Luis, Arquitecto Desiderio Pernas e Camiño de Nogueira.