Patrimonio Histórico edita unha guía coa ruta da arquitectura racionalista viguesa
A Concellería de Patrimonio Histórico e o Colexio Oficial de Arquitectos colaboran coa exposición ”Arquitectura racionalista de Vigo” organizada pola Asociación de Amigos dos Pazos na sede da Fundación Caixa Galicia. A mostra contén unha escolma de planos, fotografías, documentación e maquetas característicos deste estilo arquitectónico.
A mostra inclúe un catálogo no que se precisa que preto do 20% desta arquitectura se perdeu por alteracións estéticas ou derribos. Conta cun inventario de 52 obras racionalistas e seis proxectos que non se chegaron a executar.
Patrimonio Histórico editou, co obxectivo de complementar esta exposición, unha guía coa ruta da arquitectura racionalista viguesa para que os cidadáns coñezan, valoren e conserven estas edificacións.
Na exposición, exhíbense obras de arquitectos como Jenaro de la Fuente e Francisco Castro Represas, considerados máximos representantes do racionalismo na cidade. Mostras de Pedro Alonso, Antonio Cominges, Emilio Salgado Urtiaga, Romualdo de Madariaga, Joaquín Vaquero e Luis Martínez Feduchui, entre outros, completan o listado de obras expostas.
Descargar todas as imaxes