Sinatura dun convenio co Consorcio da Zona Franca para a construcción de tres aparcadoiros
O alcalde, Lois Castrillo, e o delegado do Consorcio da Zona Franca, Pablo Egerique, asinaron un convenio marco para a contrucción e explotación de tres aparcadoiros na cidade. Coa creación destas 1.500 novas prazas de aparcamento preténdense paliar os problemas de tráfico ocasionados polos case 200.000 vehículos que circulan diariamente pola cidade.
Pablo Egerique explicou que tratarán de facer unha única tarxeta que sirva para tódolos aparcadoiros xestinados polo Consorcio da Zona Franca, o que contribuirá a fomentar a utilización dos estacionamentos públicos.
Castrillo sinalou que ademais dos 150.000 vehículos empadroados en Vigo se achegan entre 40.000 e 50.000 diarios, o que provoca unha gran densidade circulatoria e contaminación acústica. ”A potenciación do transporte colectivo e a busca de alternativas para albergar vehículos en aparcadoiros soterrados son prioridades municipais para mellorar o tráfico”, explicou o alcalde.
A través deste convenio crearase unha ampla oferta de prazas de estacionamento no Calvario, no contorno de Vía Hispanidade e no Areal, o que permitirá eliminar coches da superficie e realizar proxectos de humanización como o que pronto se vai emprender na rúa Urzaiz.
Características
O aparcamento subterráneo na rúa Jenaro de la Fuente construirase no treito comprendido entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón e constará de dous andares con capacidade para 500 prazas. A súa superficie total será de 14.430 m2.
O aparcamento subterráneo na rúa Pintor Colmeiro-Unidade de Execución Villa Laura constará de dous andares con 370 prazas, prevéndose a posibilidade de construír un terceioa no caso de que os estudios de mercado o aconsellen. A superficie total construída para o suposto de dous andares será de 10.290 m2.
O aparcamento subterráneo na rúa Areal ubicarase no treito comprendido entre a confluencia das rúas Colón e Concepción Areal e a rúa República Arxentina constará de dous andares e disporá de 564 prazas. a superficie total construída será de 15.240 m2.
Descargar todas as imaxes