A estatua de Pablo Morillo volve presidir a praza da Independencia
A estatua que homenaxea aos heroes da loita contra os franceses en Vigo volve presidir a praza da Independencia. Un enorme guindastre colocou a imaxe en pedra de Pablo Morillo sobre a peaña reconstruída na praza.
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, explicou que as obras de acondicionamento da praza están moi avanzadas. Durante as próximas festas de Nadal será posible pasear pola superficie aínda que queden pendentes algunhas tarefas de axardinamento ou de colocación do novo alumeado. Castrillo dixo tamén que en breve prazo se adxudicará a segunda fase das obras, correspondente á ampliación de beirarrúas de Álvaro Cunqueiro e ao acondicionamento das rúas que conflúen na praza.
O alcalde amosouse convencido de que, unha vez rematadas as obras, os vigueses apreciarán a mellora deste espacio urbano, que constituirá un exemplo do proceso de humanización que se está a desenvolver na cidade.
Descargar todas as imaxes