Escoitar

Vigo conta cun rocódromo no complexo deportivo das Travesas

martes, 20 nov 2001
imx807.jpg
Rocódromo
A Concellería de Deportes instalou un rocódromo no pavillón das Travesas que dispón de tres paneis dotados con fixacións e enganches que simulan ladeiras de montaña. Santiago Domínguez asistiu a pasada fin de semana a unha exhibición realizada por afeccionados á escalada para inaugurar as instalacións.

A entrada ó rocódromo custa 335 pesetas e existen abonos por 3.500 pesetas por 20 prácticas deportivas. Santiago Domínguez explicou que se iniciará unha campaña de promoción nos centros escolares con visitas organizadas para que os rapaces poidan practicar este deporte coa axuda de monitores.


Descargar todas as imaxes