Constituída a Fundación ”Vigo en Deporte”
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, asinou co director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, o director de PSA Peugeot Citroen, Javier Riera, e o presidente de Pescanova, Manuel Fernández, a acta de creación da Fundación “Vigo en Deporte”. Este órgano nace co obxectivo de captar recursos para promocionar o deporte vigués a través de axudas as entidades deportivas da cidade e do financiamento dos grandes eventos deportivos que se desenvolven en Vigo.
A Fundación inscribirase no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego. Entre as súas actividades estarán a de asesorar e axudar economicamente ás entidades deportivas de competición de Vigo, a de outorgar bolsas a deportistas destacados da cidade, ou a de realizar investigacións, estudios e proxectos sobre o deporte de alto nivel.
O capital inicial da Fundación é de 52 millóns de pesetas procedentes das aportacións dos socios fundadores. O órgano de representación e administración da Fundación é un padroado do que formarán parte o alcalde, o concelleiro de Deportes e un representante de Caixanova, Pescanova e PSA Peugeot Citroen. Contratarase un xerente para se facer cargo da xestión diaria.
Lois Castrillo manifestou a súa confianza en que moitas empresas viguesas se sumen a este proxecto que é pioneiro en Galicia e que pode ser de gran axuda para os numerosos deportistas da cidade que participan en competicións rexionais, estatais ou internacionais.
Julio Fernández Gayoso cualificou a creación da Fundación como un momento histórico para o deporte de Vigo. Javier Riera puxo a Fundación como exemplo do traballo realizado na cidade para unir esforzos dispersos e colaborar unidos cara un mesmo fin. Manuel Fernández salientou que a Fundación servirá de apoio para a formación das novas xeracións e felicitou ao concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez Olveira, por impulsar esta idea.
Descargar todas as imaxes