Escoitar

A concelleira de Limpeza visita as empresas candidatas á adxudicación da instalación de colectores de lixo

venres, 16 nov 2001
A concelleira de Limpeza, Isaura Abelairas, visitou as dúas empresas, Otto e Contenur, que concorren ó concurso para a subministración e o mantemento de papeleiras e colectores de lixo. A que resulte adxudicataria terá que colocar na cidade a principios do vindeiro ano 4.000 papeleiras e 4.433 colectores, dos que aproximadamente a metade serán de carga lateral e terán unha capacidade de 2.400 litros.

O prezo de licitación é de 310 millóns de pesetas e o prego de condicións establece a instalación de colectores soterrados en Velázquez Moreno, Progreso e Eduardo Iglesias, de acordo coas obras de humanización do contorno da rúa do Príncipe.