Escoitar

Trinta rapaces practican break-dance dentro do programa ”Móvete con Vigo”

xoves, 15 nov 2001
imx793.jpg
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, presentou a actividade de break-dance que practican, de luns a sábado, arredor de trinta rapaces dentro do programa ”Móvete con Vigo”. Esta iniciativa trata de dar resposta ás inquietudes da mocidade viguesa que xurdiron no seo das actividades programadas nos centros de ensino.

Santiago Domínguez, acompañado por técnicos municipais, asistiu á exhibición de break-dance que realizaron algúns dos rapaces que practican e imparten esta especialidade da cultura do hip-hop nas instalacións da Piscina Municipal das Travesas. Os interesados en iniciarse nesta actividade poden achegarse a este lugar acondicionado especialmente para practicar break-dance e aprender, de forma gratuíta, as técnicas desta expresión artística.

Os participantes nesta actividade coincidiron en sinalar que calquera idade é boa para iniciarse no break-dance aínda que canto menor sexa a persoa vai ter máis facilidade para aprender. Explicaron que un ano é suficiente para facer algúns dos exercicios máis espectaculares como xirar sobre si mesmos coa cabeza apoiada no chan con axuda dunha man ou pinchacarneiros e viravoltas.
Descargar todas as imaxes