Escoitar

Judokas das seleccións autonómicas participarán no Trofeo de Judo ”Cidade de Vigo”

mércores, 14 nov 2001
imx787.jpg
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou o VI Trofeo Internacional de Judo ”Cidade de Vigo” que se celebrará o sábado, 17 de novembro, a partir das 18:00 horas, no pavillón polideportivo de Coia. No acto de presentación, estiveron o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e mailos judokas que forman parte da selección galega.

Judokas de Galicia, Madrid, Euskadi, Andalucía e Castela-León daranse cita en Vigo neste torneo que os organizadores queren que se convirta nun referente estatal debido ó éxito conseguido polo equipo galego no Campionato de España. ”Poremos o título en xogo ante o gran rival da Selección Autonómica de Madrid”, explicou Mario Muzas.

Santiago Domínguez indicou que o pasado ano participaron 1.500 rapaces vigueses na festa infantil de judo e animou á cidadanía a asistir ó evento que se celebrará o sábado en Coia.
Descargar todas as imaxes