Primeira reunión de coordenación entre os redactores do Pxom e do Plan Estratéxico
Os equipos redactores do Plan Xeral de Ordenación Municipal e do Plan Estratéxico de Vigo desenvolveron a primeira das reunións que manterán para coordenar os seus traballos. A esta xuntanza, convocada polo alcalde de Vigo, Lois Castrillo, asistiu tamén o concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba. A intención do alcalde é a de que o novo Pxom prevea as actuacións estratéxicas que se incluirán no Peva.
A elaboración do Plan Estratéxico de Vigo de forma simultánea ao Plan Xeral é avaliada polos redactores deste último como unha afortunada coincidencia, xa que facilita os labores de análise e diagnóstico da realidade viguesa que deben preceder á confección do documento de avance do Pxom.
Nestes momentos, o equipo redactor do Plan Xeral prepara o documento de Diagnose no que se teñen que formular os obxectivos, as estratexias e os criterios de elaboración do Pxom. Nesta tarefa teranse moi en conta as conclusións das sesións de traballo desenvolvidas polo equipo que prepara o Plan Estratéxico, que xa ten a súa tarefa moi avanzada.
Os redactores do Peva mantiveron durante o mes pasado numerosas reunións con representantes das institucións e con axentes sociais da cidade co obxectivo de profundizar no coñecemento da realidade viguesa e das súas necesidades e poder establecer as liñas estratéxicas nas que debe apoiarse o desenvolvemento de Vigo. O resultado dese traballo vai ser posto a disposición do equipo redactor do Pxom.
Os directores do Plan Estratéxico, Antonio Vázquez Barquero, e do equipo redactor do Pxom, Juan Ignacio Zumárraga, son vellos coñecidos, xa que coincidiron hai anos traballando na Administración central. Nos próximos meses volverán manter reunións co fin de que o novo Pxom recolla as liñas mestras que vai establecer o Plan Estratéxico de Vigo.