Escoitar

A Mancomunidade tratará de darlle continuidade ó programa de obradoiros de emprego

martes, 13 nov 2001
Os alcaldes da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo analizarán o mércores, 14 de novembro, en Comisión de Goberno a posta en marcha dun novo proxecto da Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) que se desenvolverá a partires do vindeiro mes de decembro.

Este novo proxecto pretende darlle continuidade ó anterior programa, rematado no pasado mes de xuño despois de dous anos e medio de duración, que permitiu colaborar no desenvolvemento de políticas activas de emprego no territorio da Área Metropolitana, con especial incidencia no programa de escolas obradoiro e obradoiros de emprego.

Este programa contará cunha subvención da Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude de 131 millóns de pesetas.