Escoitar

O Concello aproba o proxecto de apertura de novas rúas no barrio de Teis

xoves, 22 nov 2001
imx818.jpg
Consello da Xerencia de Urbanismo
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o proxecto de urbanización da rúa Pedro Alvarado e do camiño de Maceiras, dúas rúas que se abrirán en Teis e que mellorarán os accesos á Guía, a Vulcano ou ao barrio de Espiñeiro.

O Concello xa está a tramitar o proxecto de expropiación dos terreos necesarios para construír estes novos viais. A rúa Pedro Alvarado terá 16 metros de ancho e o camiño de Maceiras ensancharase ata os 10 metros. Nas expropiacións investiranse algo máis de 29 millóns de pesetas.

A execución do proxecto de urbanización, avaliado en 320.973.632 pesetas, correrá a cargo da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas, xa que a apertura destas rúas é unha das obras incluídas no convenio asinado polo alcalde, Lois Castrillo, co conselleiro Xosé Cuiña. O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, estima que o Concello poderá poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios para realizar a obra a principios do vindeiro ano.


A Xerencia redactará un Plan Especial para a Sobreira, en Valadares

O Consello da Xerencia de Urbanismo acordou suspender a concesión de licencias no núcleo da Sobreira, na parroquia de Valadares, ata a aprobación dun Plan Especial que regule a construcción nesa zona.

O Consello decidiu manter de forma transitoria a concesión de licencias noutros dous núcleos rurais do municipio, Igrexa (Matamá) e Parrocha (Coruxo).

Descargar todas as imaxes