Alia música: Cancións da Idade Media no Festival Are-More
O Festival ARE MORE volve ó marco incomparable da Igrexa-Concatedral de Santa María para ofrecer un concerto de grande altura a cargo dun dos grupos que, dentro da súa especialidade, obtivo un maior número de galardóns dende a súa fundación. ALIA MUSICA é un sexteto que se formou no ano 1985 e que se especializou na interpretación da música medieval, sobre todo na que ten as súas raíces na sociedade xudeu española daquela época.
A organización do festival quixo que este concerto servise para render homenaxe a Don Moisés Álvarez pola sua dedicación á música en xeral e ao Festival Are More en particular. A su grande humanidade e a tarefa que desenrrola como profesor de Historia da Música foron outros dos argumentos da organización para adicarle este homenaxe.
ALIA MUSICA naceu cunha vocación experimental ó obxecto de estudiar e interpreta-la música que se facía na Idade Media, así como os romances e cancións inspirados nas relacións de xudeus e cristiáns, cunha orientación cara ó que foi a cultura mediterránea da época. Para iso, baseáronse tanto nas súas propias análises como nas contribucións dos recentes estudios sobre este tipo de repertorios.
A formación participou nos máis importantes ciclos e festivais deste tipo de música de cantos se celebraron en España, Francia, Bélxica, Italia, Holanda, Polonia, Irlanda, Inglaterra, Suíza e Estados Unidos. Entre os festivais de máis renome cabe salienta-lo Internacional de Varna, en Bulgaria: o de Música Antiga de Wroclaw, en Polonia: o Internacional de Música e Danza de Granada: o Internacional de Santander ou a Semana de Música Relixiosa de Cuenca.
O grupo actuou, entre outros, en escenarios do prestixio do Museo do Prado de Madrid, Palacio da Cultura de Sofía, Elizabethan Theatre de Washington, Museo Sacro de Caracas, Sala Gótica do Concello de Bruxelas ou o Metropolitan Museum de Nova York.
ALIA MUSICA editou varios discos con selo Harmonia Mundi, para o que grava en exclusiva. Todos eles obtiveron un grande éxito de crítica e foron distinguidos con diferentes premios internacionais.
Os CD’s apareceron baixo os títulos de “Andalucía en la música judeoespañola”, “Celi Domina”, “El canto espiritual judeoespañol”, “El canto de Auroros”, “Unica Hispanae” e “Puerta de Veluntad”.
As súas actuacións máis recentes foron no Palazzo Spagna de Roma, Vredenburg de Utrecht, Les Concerts Spirituels de Nantes, no Festival de Música Sacra de Montpellier ou no Queen Elizabeth Hall de Londres.
O grupo está formado por Flavio Oliver, Carlos García, Miguel Bernal, Miguel Sánchez, Carlos Ghiringhelli e José Antonio Carril. Para o concerto de ARE MORE elixiron a interpretación de “El canto de Auroros”, un dos conxuntos musicais que máis sona deu á formación cando se estreou tanto nos escenarios como na edición do disco que leva o mesmo nome.
BIOGRAFÍAS
PROGRAMA