Escoitar

Santiago Domínguez presentou a campaña ”Comer con cabeza”

venres, 23 nov 2001
imx822.jpg
Santos, Domínguez e Fernández
A Concellería de Consumo organiza a campaña ”Comer con cabeza” que pretende ofertar un receitario de menús, de distribución gratuíta, que lle facilite a cada familia viguesa unha alimentación sa e equilibrada. Santiago Domínguez explicou que na súa elaboración colaboraron o Departamento de Nutrición do Hospital Meixoeiro, Caixanova e Gadis, co asesoramento técnico da Omic.

Tódalas familias viguesas poderán conseguir os 22 fascículos coleccionables con menús de tempada que conformarán un receitario anual. Distribuiranse quincenalmente na Federación de asociacións de veciños, farmacias e supermercados Gadis.

A campaña ”Comer con cabeza” ten como obxectivos espertar hábitos de consumo e nutricionais acordes coas demandas de saúde actualmente esixidas e facilitar a lista da compra semanal evitando improvisacións innecesarias. O representante de Gadis José Luis Fernández explicou que esta iniciativa posibilita, ademais, ter un contacto directo cos cidadáns vigueses.

O representante de Caixanova Jorge Santos indicou que tódolos que completen a colección participarán nun sorteo dun soldo mensual de 50.000 pesetas en vales de compra nos supermercados Gadis.

Un ciclo de conferencias e mesas redondas sobre consumo servirán de reforzo desta iniciativa. O presuposto total da campaña é de 18 millóns de pesetas.

Descargar todas as imaxes