O servicio de ”asentos anfibios” permitiulles a 55 discapacitados bañarse no mar
O Gabinete Técnico de Accesibilidade analizou a memoria do dispositivo de accesibilidade ás praias xestionado pola Cruz Vermella en colaboración coa Concellería de Benestar Social. Máis de 50 discapacitados usaron o servicio de ”asentos anfibios” durante o verán e moitos deles nunca se bañaran no mar, segundo explicou Belén Sío.
O servicio de ”asentos anfibios” foi utilizado en 133 ocasións e a maioría dos usuarios foi xente nova, 14 deles eran menores de 16 anos. A pasarela instalada na praia de Samil serviu de acceso habitual á area para moitos bañistas.
Día Internacional das Persoas Discapacitadas
O 3 de decembro, Día Internacional das Persoas Discapacitadas, presentaranse os premios ”Integración” e ”Desintegración”. Ademais, na reunión do Gabinete Técnico de Accesibilidade, á que asistiron os representantes de 18 colectivos, informouse da posta en marcha do Centro de Asesoramento e Información e da presentación do Plan de Accesibilidade, entre outros asuntos.