Escoitar

Vigo Cup '07 comeza este luns coa participación de 150 equipos de España e Portugal

A sétima edición consecutiva do Torneo Internacional de Fútbol Base Vigo Cup '07 celebrarase a partir deste luns e ata o domingo 8 de xullo en instalacións de Vigo e das poboacións veciñas de Nigrán e Redondela. Participarán uns 2.600 rapaces e rapazas pertencentes a 150 equipos de España e Portugal.

venres, 29 xuñ 2007
1183104233vigocup2.gif
Os campos nos que terá lugar a Vigo Cup '07 son os das Travesas, Samil, Bouzas, Redondela, Nigrán-Vilariño, Comesaña e Coruxo. Este último é o único que conta con herba natural. Os restantes son de herba artificial.

A inauguración do torneo celebrarase o luns 2 a partir das 12.00 horas en Samil e a clausura desenvolverase o domingo 8 a partir das 13.00 horas no campo do Vao.

O número de equipos e xogadores desta edición é similar ao do ano pasado. Se temos en conta a presenza dos técnicos dos distintos equipos, a cifra de participantes é duns 3.000. Os equipos agruparanse nas seguintes categorías:

COMPETICIÓN MIXTA

- CAIXANOVA Sub-6 (Fútbol 7): Nados despois do 01/01/01
Admítense 6 xogadores nados despois do 01/01/00 por equipo
- CAIXANOVA Sub-8 (Fútbol 7): Nados despois do 01/01/99
- SUB-10 (Fútbol 7): Nados despois do 01/01/97
- SUB-12 (Fútbol 7): Nados despois do 01/01/95

MOZOS

SUB-14 (Fútbol 11): Nados despois do 01/01/93
- SUB-16 (Fútbol 11): Nados despois do 01/01/91

MOZAS

- SUB-16 (Fútbol 7): Nadas despois do 01/01/91
- DAMAS (Fútbol 7): Nadas despois do 01/01/89

Este ano, o torneo completarase cun conxunto de actividades paralelas gratuítas pensadas para que os pequenos deportistas poidan gozar ao máximo desta experiencia dentro e fóra do campo. Así, os participantes terán poderán divertirse no tobogán de DiSanRemo en Samil, acceder ao MARCO e ao Museo de Celta e usar o bus turístico e o servizo de transporte urbano de Vitrasa. Ademais, no campo do Vao haberá unha carpa habilitada por Caixanova con distintas actividades lúdicas para os máis pequenos. Esta carpa permanecerá aberta desde o xoves 7 ata a finalización do torneo.
Descargar todas as imaxes