Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Bases do concurso de ideas do programa "Mollémonos. O camiño elíxelo tí".

<br />

venres, 15 xuñ 2007
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo na sesión ordinaria do 25 de maio de 2007, acordou a aprobación das

Bases do concurso de ideas do programa: "Mollémonoso. O cammiño elíxelo tí" para elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades para o programa de formación e animación sociocultural na convocatoria 2007-2008

As actividades e/ou proxectos que se presenten ao concurso versarán necesariamente sobre algunha ou a totalidade das seguintes materias ou lotes:

1º.- Formación para acadar a igualdade real na vida cotiá
2º.- Formación persoal e artística. Non se admitirán proxectos de manualidades textiles nen os relacionados directamente cos traballos domésticos tradicionalmente realizados polas mulleres
3º.- Formación sobre a Igualdade de Oportunidades e a perspectiva de xénero.
4º.- Obradoiros preventivos en prol de hábitos de vida saudable.
5º.- Medios de divulgación do programa.

As bases están na oficina de Información do Concello e as propostas presentaranse no Rexistro Xeral. O prazo remata o 28 de xuño de 2007.