Escoitar

O festival IMAXINA SONS'07 presenta o ciclo JAZZ NA NOITE

Como complemento ao grueso da súa programación nos seus escenarios habituais, o Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS'07 presenta o ciclo de concertos JAZZ NA NOITE, que terá lugar nos diferentes clubes vigueses que habitualmente ofertan jazz.

martes, 12 xuñ 2007
1181642943carteljazz.jpg
Neste sentido, aos xa presentes nas dúas primeiras edicións do festival (Manteca Jazz, Verbum Jazz e Pub Quomo), amplíase agora co Contrabajo, situado na rúa Venezuela.

O festival pretende manter así, durante os días da súa celebración, un amplo horario adicado ao jazz e unha diversidade de ambientes, ademais de apoiar a labor que os clubes veñen desenvolvewndo durante o resto do ano.

PROGRAMA DO CICLO "JAZZ NA NOITE"

MANTECA JAZZ: 1:30H
Venres 22 e sábado 23: PABLO SEOANE TRÍO
Venres 29 e sábado 30: LEO GIANNETTO'S JAZZ PROJECT

PUB QUOMO: 23:00H
Xoves 21: DINA4
Mércores 27 e xoves 28: MP4

CONTRABAJO: 23:00H
Luns 25 e martes 26: VI-GOP QUARTET

VERBUM JAZZ CAFÉ: 23:50H
Venres 22: D'JAZZ TRÍO
Venres 29: JASO&BOO
Descargar todas as imaxes

Máis información