Escoitar

A primeira empresa do Parque Tecnolóxico comezará a funcionar en xuño

venres, 8 mar 2002
imx1179.jpg
Visita ás obras
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, visitou as obras de construcción da primeira empresa que se instala no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, unha fábrica de asentos de automóbiles que dará emprego a unhas catrocentas persoas. Castrillo estivo acompañado na súa visita por Michel Samper, Director Mundial da división PSA de Faurecia.

Durante a visita, o alcalde subliñou que o Parque Tecnolóxico se vai converter nun dos principais polos de desenvolvemento económico do sur de Galicia, xa que acollerá empresas de primeira orde e importantes centros de I+D. Castrillo salientou tamén a rapidez coa que o Concello desenvolveu a tramitación urbanística deste Parque, que a finais de ano terá xa unha actividade empresarial notable.

A factoría de Faurecia que se está a construír ocupa 11.000 m2. O investimento que realiza o grupo para poñela en marcha é de 14 millóns de euros e a súa capacidade productiva xerará unha facturación aproximada de 204 millóns de euros ao ano.
Descargar todas as imaxes