Programa sobre saúde infantil
A concellería de Educación organiza un programa sobre saúde infantil dirixido ás comunidades educativas das escolas infantís municipais que impartirá María Socorro Ocampo Cardalda, pediatra do Hospital Xeral.
As xornadas terán lugar os mércores, do 14 de febreiro ao 14 de marzo en horario de 18:30 a 19:30 horas no Instituto Municipal de Educación ( camiño do Chouzo s/n).
O programa tratará asuntos como a saúde integral infantil, factores que a determinan (14 de febreiro); a educación para a saúde, papel da escola ( 21 de febreiro); accidentes infantís, unha causa evitable de morte na infancia ( 28 de febreiro); os pais ante seu maior reto: a educación dos seus fillos, visión dunha pediatra ( 7 de marzo); e violencia familiar ( 14 de marzo).
María Socorro Ocampo exerce desde o ano 1974 a súa actividade profesional no Hospital Xeral de Vigo, no servizo de Pediatría e desde 1978 é xefa da sección de Neonatoloxía do servizo de Pediatría do devandito Hospital.
Pertence ao Concello Asesor da Infancia do Concello e participa asiduamente en foros e conferencias, colaborando con asociacións e institucións na divulgación dos problemas da infancia e a prevención dos mesmos.
Descargar todas as imaxes