mércores, 14 febreiro 2007

Corina Porro visita as obras de humanización de Coia

A alcaldesa, Corina Porro, visitou Coia hoxe mércores para coñecer de primeira man os traballos que se están levando a cabo dentro dun plan de humanización que o Goberno local considera necesario para este barrio. As actuacións incluídas neste plan supoñen un investimento de 18,5 millóns de euros.

Coplas para recibir o Entroido

mércores, 14 feb 2007

A praza da Constitución será o escenario onde actuarán os grupos que participan no concurso de coplas do Entroido vigués co que o Concello pretende rescatar , dende hai tres anos, unha tradición que se perdera vinte anos atrás. A primeira cita será o xoves ás 19:00 horas e a segunda o venres , día 16 , á mesma hora.<br />

A aventura dos Exploradores

mércores, 14 feb 2007

A concellería de Xuventude e grupos scouts organizan, durante o primeiro semestre do ano, a actividade "A aventura dos exploradores" co que se pretende iniciar aos participantes no coñecemento práctico do medio natural e as técnicas para a vida na natureza.