A alcaldesa presenta o programa de ocio para maiores
A Festas do Maiores que se celebrou na tarde do martes no Nova Olimpia foi o escenario elixido pola alcaldesa para presentar o programa municipal de Ocio de Maiores para o ano 2007. O obxectivo xeral do mesmo é facilitar os espacios e as actividades de ocio, espallamento e tempo libre para o desenvolvemento e a adquisición de hábitos saudables.
Durante o encontro, Porro informou das accións específicas, tanto socioculturais como sociosanitarias e deportivas, promovidas polo Concello para mellorar o benestar das persoas maiores de Vigo.
Así, segundo lembrou Corina Porro, a Concellaría de Benestar Social leva máis de 17 anos realizando o programa "Deporte de maiores", para persoas con máis de 65 anos de idade. Neste programa participan máis de 1.600 cada ano. Actualmente conta con oito grupos de natación de 75 persoas cada un, distribuídos entre as piscinas de Teis, Lavadores e As Travesas. Ademais, 14 grupos de 20 a 22 persoas practican ximnasia nos centros de Teis, Lavadores e As Travesas. A demanda das actividades de natación e ximnasia fai que nestes momentos exista unha lista de espera conxunta de 210 persoas.
Outra actividade ofertada polo Departamento de Benestar Social é o obradoiro de baile galego e percusión tradicional, no que participan de forma continua máis de 25 persoas, tres delas maiores de 85 anos.
Así mesmo, desde hai dous anos desenvólvense os chamados obradoiros de memoria nos que ate o de agora participaron máis de 420 persoas maiores de 60 anos. Na actualidade ofértanse 8 novos cursos nos centros cívicos do Casco Vello , Coruxo, Asociación Agarimo, edificio Asefal, Asociación Helios de Bembrive e Asociación Leticia de Beade.
Outro curso con grande aceptación é o de informática e iniciación a internet. En xaneiro comezaron dous grupos de 20 persoas cada un. Para o 90% por cento dos participantes, este curso supón a primeira ocasión en que utilizan un ordenador.
O baile tamén forma parte do programa de ocio, así ata o mes de xuño están organizados catro bailes no Nova Olimpia onde participan en cada encontro entre 800 e 1000 persoas.
A alcaldesa anunciou a acción de "cine a 1 euro" que consiste en proporcionar entradas de cine a prezo alcanzable aos cines da cidade. Este programa realizarase de febreiro a xuño os luns, martes e xoves.
Ademais, a Concellaría de Benestar Social realiza outras actividades para maiores como risoterapia ou manualidades, así como as estadas diúrnas nos balneario e cruceiros en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra.