O Valedor do Cidadán presenta un informe sobre o botellón en Vigo
O Valedor do Cidadán, Luis Espada, presentou hoxe venres un informe sobre o botellón en Vigo. O informe baséase en enquisas personalizadas e a análise comparada de diferentes normativas para ofrecer unha panorámica dun fenómeno que atrae miles de mozos e mozas cada fin de semana.
As enquisas, promovidas pola Oficina do Valedor do Cidadán, realizáronse no contorno das prazas da Estrela, Joaquín Loriga e do parque do Castro, nos meses de xuño e xullo, durante os venres e sábados en rorario de 0:00 a 1:30 horas, a persoas de ambos os sexos que practican o fenómeno do botellón.
A idade media dos enquisados resultou ser de 22 anos, no caso dos homes, e de 20, no das mulleres. Un 11% dos enquisados eran menores de idade. Entre as causas polas que estas persoas dixeron optar polo botellón sobresaen os motivos sociais (74%) e os motivos económicos (72%). De feito, a maioría dos enquisados (77%) afirmaron gastar menos de 10 euros en cada botellón. Outros motivos aducidos por estas persoas a favor do botellón son a posibilidade de relacionarse nun espazo aberto e de fumar sen restriccións.
Un 80% das persoas que responderon á enquisa considera cívico o seu comportamento e o dos seus compañeiros de botellón. Unha porcentaxe similar demandan a colocación de baños nos lugares onde esta práctica ten lugar, e un 56% demanda papeleiras.
O asistente a botellóns medio consume preferentemente combinados (87%) e só un 8% bebe líquidos sen alcohol. O uso doutras drogas sitúase nun 2% para as de deseño, un 4% para as denominadas duras, e un 27% para as brandas.
Un 64% dos enquisados coñece os programas alternativos ao botellón, pero só o 26% os utilizaron algunha vez. Un 89% afirma que os seus pais saben que vai ao botellón. Nun 86% dos casos, os proxenitores mostran interese polo que fan e un 79% danlle consellos.
Descargar todas as imaxes