Escoitar

Programa de ocio xuvenil nas tardes e noites das fins de semana

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo pon en marcha unha nova edición do programa de ocio xuvenil nas fins de semana "Tardes e Noites Vivas", que terá lugar dende o vindeiro día 20 de outubro ata o 30 de decembro.

venres, 20 out 2006
1161352329noites.jpg
Este sábado, 21 de outubro, os mozos e mozas de Vigo terán a oportunidade de pasar unha tarde e noite movida e divertida grazas ao programa de ocio da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo "Tardes e Noites Vivas".

Así pois, as actividades nas que se poderán participar son as seguintes:

Practicar capoeira, bailar ao son dos ritmos brasileiros xogar cos amigos/as unha pachanga ao aire libre, botar unha partidiña nos xogos de mesa ou facer un atrapasoños para a habitación. Todo isto no pavillón deportivo do Instituto do Castro (R/ J.G.Posada Curros,1 Entrada lateral, fronte a pista deportiva).
Bailar ao ritmo latino, aprender a elaborar e saborear un té, facer diversos obxectos de gomaespuma ou poñerse "cachas" practicando musculación. No pavillón municipal de deportes do Berbés (entrada pola rúa Jacinto Benavente, 1).
No Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas) as actividades irán encamiñadas, sobre todo, para aqueles e aquelas que se deleitan co mundo da tecnoloxía (internet, chat, messenger, relato colectivo en linguaxe SMS, liga de xogos en rede e Art Rage: debuxo co PC). Pero tamén outras actividades como iniciación a Breack Dance, karaoke, dardos electrónicos e un espazo para quedar cos amigos e amigas e charlar ou xogar libremente.
Na Asociación Xuvenil Abertal (R/ Venezuela, 3 – Baixo): un torneo de xogos e rede (Counter Strike), unha pachanga de futbito, acceso a internet, unha sala para quedar, obradoiros libres de pulseiras de fío, pendentes e coiro, e se a noite está clara, un visionado de estrelas.

Cada unha destas actividades teñen un horario determinado dentro do intervalo que vai dende as 17:00 ata a 1:30 da madrugada.

Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31) Tfno. 986 294 806 ou na web www. xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes