Aprobación inicial de estatutos e bases para a constitución e funcionamento da Xunta de compensación do polígono IV peri de Bouzas
<br />
A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 2 de outubro de 2006 acordou aprobar inicialmente os estatutos e bases de actuación do polígono IV do Plan especial de protección e reforma interior do conxunto histórico de Bouzas.
Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte dias mediante publicación no Boletín oficial da provincia de Pontevedra e nun dos diarios de maior circulación, tal e como establece o artigo 155 da Lei 9/02, de 30 de decembro.
O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate do mes contado dende o derradeiro anuncio.
A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.
O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todos e todas aquelas persoas interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente.