Nova páxina web sobre o Casco Vello
A concelleira de Turismo e Comercio, Lucía Molares, asistiu o xoves, á presentación do proxecto de páxina web interactiva sobre o Casco Vello impulsada pola Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Vigo Vello. O acto presentado pola presidenta de Vigo Vello, Milagros Domínguez Fernández, celebrouse no CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación).
O obxectivo da ferramenta virtual é a creación dun verdadeiro centro comercial virtual que dinamice á asociación e revitalice o comercio e a hostelería do Casco Histórico de Vigo.
O proxecto comprende a creación dun escaparate virtual para a asociación que reflictirá a súa identidade e o seu compromiso de calidade co cliente. A páxina web terá microwebs que permitirán ás empresas contar cun espazo propio adaptado ás súas necesidades. Os asociados que o desexen poderán contar cunha tenda on line de venda dos seus produtos e servizos. Ademáis servirá como unha plataforma de comunicación entre os asociados.
Descargar todas as imaxes