Escoitar

Representación da obra de teatro: "los desastres del dinero"

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, dentro da súa programación de Tardes e Noites Vivas trae á Compañía de teatro madrileña CARLOS BORSANI Y EL GAD,que van representar o vindeiro luns 23 e martes 24 de outubro a súa obra teatral "Los desastres del dinero", no Auditorio Caixanova.

venres, 20 out 2006
Esta compañía de teatro vén desenvolvendo unha actividade escénica ininterrompida dende o ano 1980 e algunhas das súas obras foron estreadas en Vigo cunha gran afluencia de público xuvenil.

Nesta ocasión, o grupo trae unha nova produción denominada "Los desastres del dinero". Esta comedia reúne oito relatos actuais nos que o diñeiro centra a temática. Busca impulsar o pensamento crítico sobre un tema tan polémico como é o diñeiro e sempre a través do humor.

A representación dará comezo ás 20:00 horas e está previsto que a súa duración sexa dunha hora e media.

O prezo da entrada é de 2€