Escoitar

Aprobado un gasto de 41.000 euros para as actividades do Centro Cívico de Teis

A Concellaría de Participación Cidadá achegará cerca de 41.000 euros á Asociación de Veciños de Teis para financiar a segunda prórroga do convenio de colaboración para o uso e realización de actividades no Centro Cívico desa parroquia. O acordo foi aprobado pola Xunta de Goberno hoxe luns e o convenio a que se refire estará vixente do 1 de setembro de 2006 ao 31 de agosto de 2007.

luns, 2 out 2006
Na súa reunión de hoxe luns, o Goberno local tamén deu o seu visto bo ás adxudicacións de asistencias técnicas para a creación, coordinación e xestión do programa municipal de interpretación e divulgación do patrimonio arqueolóxico de Vigo (21.000 euros); para a redacción do proxecto de execución para adecuar o edificio Finca Solita, de Alcabre, como centro cívico (30.000 euros), e para a redacción do proxecto de acondicionamento dos locais de Doctor Fleming para centro de servizos culturais e de rehabilitación psicosocial e laboral (18.000).