A Xunta de Goberno aproba novas obras do Plan Parroquias
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa reunión de hoxe luns varios expedientes relativos a obras incluídas no Plan Parroquias, entre elas a de construción dunha nova ponte sobre o Lagares na Baixada ao Pontillón, a de mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable do Casal e as de humanización da avenida Marina Española entre a avenida de Galicia e a ETEA.
En primeiro lugar, foi aprobado un convenio de cooperación económica entre o Concello e a Entidade Local Menor de Bembrive para a execución do proxecto de mellora do contorno da sociedade Helios, por un importe de 135.000 euros.
A Xunta de Goberno tamén deu o seu visto bo ao proxecto de construción dunha nova ponte sobre o río Lagares na Baixada ao Pontillón. A contratación das obras correspondentes a este proxecto suporá un gasto de 400.000 euros por parte do Concello.
Así mesmo, resultaron aprobados os pregos de condicións técnicas e condicións administrativas particulares para a contratación, por 100.000 euros, da asistencia técnica que redactará o proxecto de melloras na Estación de Tratamento de Augas Residuais de Casal.
Por outra parte, o Goberno Local mostrou a súa conformidade cos expedientes de contratación das obras de remodelación do palco da música en Navia e vestiarios do campo de fútbol de Fontáns (62.700 e 55.000 euros, respectivamente), de humanización da avenida da Marina Española, entre a avenida de Galicia e a ETEA (245.000 euros), de construción de beirarrúas en Baixada Capitán e acondicionamento da estrada Vilar—Lavadores (70.000 euros), e de reparación do paseo de Bouzas (70.000 euros).
Por último, a Xunta de Goberno aprobou os pregos de prescripcións técnicas e de condicións administrativas particulares para a contratación da redacción do proxecto para humanizar o vial de acceso á Universidade, por 30.000 euros.
Como parte de todos estes acordos, o Goberno local abriu os procedementos licitatorios correspondentes.
Descargar todas as imaxes