Escoitar
FESTAS DO CRISTO DA VICTORIA

Halloween, o rock en estado puro

A banda internacional, Halloween, actuará en Vigo hoxe, día 2 de agosto, no Auditorio de Castrelos para facer as delicias do seu público. O grupo tocará cancións do seu último traballo editado en 2005, "Keeper Of The Seven Keys. The Legacy". Un disco repleto de rasgos característicos do conxunto: velocidade, hard rock, exquistas composicións, voces e coros, etc.

mércores, 2 ago 2006
1154520556helloween.jpg
Halloween
O Auditorio de Castrelos se convertirá esta noite nun punto de referencia rock, onde se celebrará a actuación da lexendaria banda de "heavy metal", Halloween. A organización puso a venda un total de 4500 entradas e espera completar o aforo. O evento alcanzará un coste total de 66.000 euros.

O grupo permanecerá en Vigo catro días que aproveitarán para facer turismo pola ría e coñecer as praias da zona. Antes de chegar a Vigo estiveron tocando no festival METALWAY, un dos máis importantes de rock duro no ámbito internacional.

Os alemáns estarán teloneados polos vigueses The Mirage, que actuarán ás 23.00 horas. David Lago, de Sweet Tours, empresa promotora do concerto, sinalou na rolda de prensa de hoxe que ningún dos grupos fixo peticións extravagantes, só algunhas comidas concretas e bos viños.

Sen dúbida, esta é unha semana musical espectacular na cidade de Vigo, cos dous últimos concertos internacionais incluidos no programa de festas. A derradeira cita musical do verán en Castrelos será o vindeiro sábado, 12 de agosto, coa "Gira de los Cien Años" de Estrella Galicia. Vigo remata este ano como localización de referencia de concertos internacionais.



Descargar todas as imaxes