xoves, 3 agosto 2006

Os vigueses vivirán unha noite máxica en Teis

xoves, 3 ago 2006

O Parque da Riouxa en Teis será o espazo no que se represente a "Noite Máxica de Vigo", un espectáculo audiovisual con pirotecnia sincronizada, o vindeiro 8 de agosto ás 22.30 horas. Neste evento celebrarase o "I Trofeo de Bandas de Gaitas Cidade de Vigo", e a actuación de Celtas Cortos, baixo a xestión de Arbot Produccións.