Escoitar

Os visitantes farán o mesmo circuito que se facía cando a casa estaba habitada

A Alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio López Chaves visitaron, a mañá do mércores, a Vila Romana de Toralla na Finca de Mirambel, para comprobar as melloras no proxecto de recuperación desta área histórica da cidade de Vigo.

xoves, 3 ago 2006
1154613370toralla030806.jpg
A restauración da Vila Romana de Toralla comezou en 2002 xunto coa liña de investigación da Universidade de Vigo. O complexo está sufrindo unha recuperación integral para poder ser visitado, esta recuperación total será o primeiro paso para a musealización da zona. Nos traballos realizados na estructuración da área invertiuse unha cantidade que ronda os 460.000 euros.

A Universidade de Vigo está inmersa nunha labor de investigación que a larga pode proporcionar expertos en materia arqueolóxica, e o mesmo tempo, a publicación de escritos sobre a vila axudaría o proceso de musealización.

Segundo o concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio López Chaves, o obxetivo da Vila Romana de Toralla é conseguir que o xacemento sexa visitable e crear unha aula na que se expliquen todas as novedades que se encontraron da época romana, así como as conexións marítimas, a importancia do porto pesqueiro, ou traballo nas salinas.

En Vigo encóntranse numerosos restos arqueolóxicos, pero a Vila Romana de Toralla é un caso puntual, xa que coñécese toda edificación no seu conxunto. Está formada por unha casa de campo noble con depencencias centrais e secundarias: salón comedor, termas privadas, etc. Unha vez reconstruidos os muros se recuperarán os pavimentos da casa para que o resultado sexa o máis parecido ó momento que estaba habitada, polo que os visitantes poderán disfrutar dun complexo romano no s. XIX.

A primeira fase da reconstrucción rematará en octubro deste ano, mentres a segunda fase estará concluida na primaveira do 2007, xa aberta ó público. Exporanse temporalmente no Pazo Quiñones de León os artefactos encontrados máis polifacéticos.


1154613370toralla030806.jpg
1154613392toralla030806b.jpg
1154613412toralla030806c.jpg
Descargar todas as imaxes