Escoitar
XIII SEMANA DE TEATRO EN FAMILIA

"Tris, Tras, Trus!!! Unha histroria de sentidos"

A compañía Combinats Producciones representará hoxe mércores, a partir das 20.00 horas na Praza da Estrela "Tris, Tras, Trus!!! Unha histroria de sentidos". Un espectáculo dirixido a nenos dende tres anos.

mércores, 2 ago 2006
1154520346teatro.jpg
Combinats Producciones
Combinats Producciones propón un espectáculo divertido, didáctico e cheo de cor e sorpresas. Co particular humor e visión do mundo dos máis pequenos. Os actores ensinaranlle ós nenos a utilizar o olfato, o oído e a vista. Có olfato os máis pequenos aprenderán a distinguir que é o qué cheira mal e o qué cheira ben. Os rapaciños escoitarán música, ruidos, silencios e outro sons, mentres coa vista diferenciarán as cores, as distancias e os movementos.

As actuacións teatrais realizaranse ás 20.00 horas para aproveitar a luz natural, cun público que en edicións anteriores rozou as 1000 persoas diarias, con idades entre 0 e 99 anos. O obxetivo do proxecto e entreter o público de tipo familiar e divertir non só os cativos, senón tamén os adultos que os acompañan. Todas as obras se realizarán na Praza da Estrela, en caso de que as condicións meterolóxicas non fixeran posible poñer en marcha algunha das representacións nesta localización, sempre que dende o punto de vista técnico sexa posible, trasladaríase ao auditorio municipal, onde o aforo limítase a 300 persoas.

Descargar todas as imaxes