Escoitar
FESTAS DO CRISTO DA VICTORIA

Pet Shop Boys, pantallas, luces e son

O grupo británico, Pet Shop Boys, chegaron onte a cidade olívica. Os cantantes tocarán as cancións do seu novo traballo "Fundamental" e as que os fixeron famosos internacionalmente, hoxe martes, no Auditorio de Castrelos. O concerto comezará ás 22.30 horas coa actuación dos teloneiros vigueses CatPeople.

martes, 1 ago 2006
1154437818PSB.jpg
Pet Shop Boys
O hotel AC Universal acolle ós cantantes e o seu equipo durante a súa estancia en Vigo, máis de 30 persoas, que organizarán un concerto cunha motaxe "supercomplicada" con pantallas, coristas e bailarines. O grupo interpretará temas do seu noveno traballo "Fundamental" e as súas mellores cancións. Os preparativos e a proxección do concerto indican que sexa moi probable que se esgoten as entradas no Auditorio de Castrelos.

Os teloneiros tocarán ás 22.30 horas, os vigueses CatPeople. O cambio de escenario entre eles e Pet Shop Boys levará máis de media hora, xa que o dúo británico trae unha montaxe "espectacular", o que incrementa as dificultades técnicas.

Pet Shop Boys estarán exclusivamente en Vigo, non darán ningún concerto noutro lugar de España. A organización puso en marcha actividades para o grupo durante os tres días que se aloxarán na cidade. Compras, visitas culturais ó MARCO e outros edificios emblemáticos, e boa comida serán os principais plans do grupo na cidade.

CatPeople

O grupo vigués, afincado en Barcelona, é a revelación deste ano 2006, un soplo de aire fresco no panorama indie español. Son os autores do disco (Reel#1).








Descargar todas as imaxes