Escoitar

Representantes da Cámara Municipal de Porto amosan o seu interese nun intercambio de escolares

luns, 28 xan 2002
As concelleiras Carme Martínez-Corbalán e Ana Gandón recibiron os responsables de Educación e Deportes da Cámara Municipal de Porto para presentarlles un proxecto de intercambio de escolares.

Desde as concellerías de Normalización Lingüística e Educación se lles presentou ós responsables de Educación e Deportes da cidade de Porto a posibilidade de facer este intercambio escolar no transcurso dunha reunión celebrada hoxe no Concello, na que participaron tamén representantes do Instituto Municipal de Educación e do Servicio de Normalización Lingüística.

Arredor de 120 persoas de cada cidade poderán tomar parte na viaxe que incluirá actividades e visitas guiadas para coñecer Porto e Vigo. Este proxecto acollerase a un programa da Unión Europea.