O Concello prepara un programa de intervención social en familias marxinadas
A Concellería de Benestar Social está a preparar un programa de intervención social dirixido a familias en situación de marxinalidade. O obxectivo é o de proporcionarlle axuda a estes grupos sociais para que poidan coidar e educar correctamente aos menores e organizar a súa unidade familiar.
O programa incide en múltiples aspectos como a saúde, as relacións familiares ou a situación laboral. No programa traballarán 8 educadores que atenderán máis de 70 familias que se encontran en situación considerada de risco social.
O custo do programa estímase en 180.000 euros. O Goberno municipal acordou solicitarlle unha subvención de 120.000 euros á Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude para cofinancialo.
Incorpóranse sete bombeiros ao cadro de persoal
A Comisión de Goberno foi informada do decreto asinado polo alcalde no que se nomean sete novos funcionarios de carreira. Cinco deles ocupan prazas vacantes de bombeiros e os outros dous prazas de conductor-bombeiro.