Escoitar

Manolo García actuará na programación de ” Vigo, cidade de concertos”

venres, 25 xan 2002
imx1022.jpg
O cantante Manolo García ofrecerá un concerto o día 22 de febreiro no Pavillón de As Travesas dentro da programación ” Vigo, cidade de concertos” organizado conxuntamente polas concellerías de Festas e Animación Sociocultural e Xuventude e Deportes.

Isaura Abelairas, concelleira de Festas, informou ,na rolda de prensa de presentación, que a xira que está a realizar Manolo García é en espacios reducidos onde, por primeira vez na carreira do artista , presenta un repertorio estrictamente semi-acústico na presentación en director do disco ” Nunca el tiempo es perdido”.

As entradas para o concerto de Vigo poranse a venda o próximo día 4 de febreiro polo prezo de 16 € . Os puntos de venda anticipada son Disco LP, La Columna e Discos Gong. O aforo para o concerto é de 2.500 persoas.

” Nunca el tiempo es perdido” va camino de acadar o seu quíntuple Disco de Platino. É o segundo traballo en solitario de Manolo García, trala publicación en 1998 do seu álbum debut ”Arena en los bolsillos”, do que xa se venderon máis de 800.000 copias.
Descargar todas as imaxes