Teatro non oficial no Concello
O auditorio municipal será o escenario do ”I Festival de Teatro Alternativo” que se celebrará durante o mes de febreiro en cinco sesións. O festival está apoiado pola concellería de Festas e Animación Sociocultural e pretende provocar a curiosidade do público para asistir ás representacións da espectáculos da escena alternativa.
Os grupos ”Solo y Cía” (1 de febreiro): ”Los cafiolos” (8 de febreiro): ”Akatt” (15 de febreiro): ”Noescafé teatro” (22 de febreiro) e ”Tongo” (1 de marzo) serán os encargados de propoñerlle ó público de Vigo outro xeito e fondo do teatro a través de obras que se representan por primeira vez en Galicia.
Para os organizadores do Festival, o teatro alternativo é unha manifestación artística multidisciplinar na que ten cabida a ironía, a comedia, o humor acedo, a provocación... é un teatro libre, aberto á imaxinación: agresivo ás veces, outras provocador e sempre irreverente. Deste xeito, téntase mostrar ”a outra facina” do teatro, cunha visión máis actual de ideas e formas, que exprese a problemática social, fuxindo do aburguesamento do teatro comercial e das súas resolucións fáciles e politicamente correctas.
O Festival pretende tamén conseguir que a cidade de Vigo sexa -do mesmo xeito que outras cidades como Madrid ou Barcelona- un referente anual da escena alternativa contemporánea no noso país.
As representacións serán ás 21.00h. As entradas estarán en venda anticipada na central de espectáculos de Vigo e taquilla polo prezo de 5€ cada sesión e 20€ o bono das cinco obras.
Descargar todas as imaxes