Carme Corbalán presenta os premios do concurso de debuxo ”Cousas do mercado”
A Concellería de Normalización Lingüística organiza, en colaboración co Mercado do Progreso e coa Asociación Xuvenil Abertal, un concurso de debuxo, relato curto, banda deseñada e narración coa temática do mercado.
Carme Corbalán explicou que esta actuación se enmarca nunha campaña que pretende recuperar o uso da lingua galega nas relacións que se desenvolven no trato directo entre compradores e vendedores do mercado. Trátase dun lugar de encontro e de comunicación no que, ademais da venda de productos, se queren consolidar actividades para fomentar o uso da lingua galega cunha oferta que chegue a toda a poboación destinataria do mercado.
Os premiados no concurso infantil de debuxo foron Pedro (5 anos), Clara Leboreiro (6 anos), Sara Guerra (8 anos), Fernando López (8 anos) e Diego Cabrera (8 anos).
O concurso está aberto á participación de todas as persoas interesadas e cada autor poderá presentar o número de obras que queira.
Establécense dúas categorías, de 10 a 14 anos e maiores de 14 anos. Nas bases xerais do concurso figura que as obras se presentarán en papel sen identificar e constatando o seu título na parte superior. Entregarase dentro dun sobre pechado, co título da obra no exterior, que se remitirá ó mercado do Progreso. Tamén en sobre pechado enviaranse os datos completos do autor ou autora acompañando á obra.
Características das modalidades
Banda deseñada
-Formato din A4 ou din A3 (mínimo 2 e máximo 6 páxinas)
-Textos integramente en galego
-Data tope de presentación: 15 de febreiro.
-Os premios serán diploma e vale de 90,15: 60,5 e 30,05 € para un lote de libros.
Relato curto
-Relatos orixinais, escritos en galego, cunha extensión máxima de 4 folios mecanografados en letra tamaño 12 e dobre espacio.

Narrativa
-Relatos orixinais, escritos en galego cunha extensión mínima de 5 folios, mecanografados en letra tamaño 12 e dobre espacio.
-Data tope de presentación: 16 de maio.
-Os premios serán diploma e vale de 150,25: 90,15 e 60,5 € para un lote de libros.
Descargar todas as imaxes