” Vigo a Escena” levará a fin de semana o teatro a numerosos barrios da cidade
A iniciativa da concellería de Festas e Animación Sociocultural VIGO A ESCENA rematará esta fin de semana coas representacións do mes de xaneiro, e o mellor xeito de poñer o broche de ouro do mes é levar varias pezas teatrais de diversos xéneros ós barrios da cidade.
Así, na AVV Val do Fragoso poderase ver o sábado a obra “Tres de Ionesco”, que se representará ás 20.30 horas. O grupo Teatro Aforo será o encargado de por en escena esta peza, composta por tres obras curtas de Eugene Ionesco: “Escena para catro actores”, “Los saludos” y “La cantante calva”, todas elas dirixidas por Leonel García Laborde e interpretadas, entre outros, por María Gramary, José Martínez, José Manuel Braga ou Pilar Dios.
Unha obra composta tamén será a que se represente o día 26 e á mesma hora no Auditorio Municipal.Neste caso o espectador terán a oportunidade de asistir á posta en escena de “Situacións”, unha producción formada por tres obras curtas creadas e interpretadas polos coreógrafos/as e directores dos grupos Rayo Malayo (Madrid) e Dobre Xiro Danza (Vigo).
Unha das pezas que integra esta obra é “Trans-Lata-Madre”, unha proposta cunha referencia oriental na que non haberá unha mensaxe concreta, pero si o desexo de regresar á época infantil para buscar o contido da linguaxe coreográfica.“Pel con pel”, a historia dunha relación na que non importa a cor, o sexo,... e “Dens, Oli e Pedra”, un traballo sobre como introducirse no espacio, percorrelo ou saír del a través dunha densidade, completan o espectáculo teatral “Situacións”.
VIGO A ESCENA tamén fará chegar o sábado o teatro á SCD “Atlántida”, que acollerá da man da compañía Mascara Produccións a representación da obra “Malandros”. A cita será a partir das 22:00 horas.
“Malandros” é a adaptación da novela “Crónica dos bons malandros” do escritor e periodista portugués Mario Zambujal, e conta a historia de Renato, o Pacífico, e a súa cuadrilla seleccionada, que levan a cabo un asalto que espantará ó mundo. Esta peza está dirixida por X. Calero e A. Casal, autores da súa adaptación, e interpretada por Patricia Alfaya, Xerome Caleiro e Antón Casal, entre outros.
A Asociación de Veciños San Xoán Poulo acollerá ás 19:00 horas a última representación que a concellería de Festas e Animación Sociocultural programou para o día 26 e que correrá a cargo da compañía Sísifo Teatro.
A obra “¿Qué?...” está interpretada por unha serie de homes que saen a escena para debuxar algúns dos problemas, dúbidas e inseguridades que os atinxen. Cada un deles representará unha preocupación que exporá ó espectador, un espectador que se converte en psicólogo, que escoita e ata se amosa comprensivo coas situacións, porque moitas delas son tamén súas malia que poidan semellar ridículas ou, se cadra, por iso mesmo.Os actores Rafa costas e César Aldea, de Sísifo Teatro, interpretan esta obra, que conta coa música do violoncello de Rebeca Núñez.
En canto ó domingo, a AVV “Monte da Mina” de Castrelos acollerá, ás 20.30 horas, a representación de “Boas noites mamá”. Teatro Avento tráenos unha historia que nos anos oitenta valeu á súa autora, Marsha Norman, o premio Pulitzer.
“Boas noites mamá” é a historia de dúas mulleres, nai e filla, que ó longo da representación falarán acerca da súa relación, posto que a filla decidiu tomar o control da súa vida. Ó longo da conversa, ámbalas dúas se decatan de que son dúas descoñecidas. A acción de “Boas noites mamá” ten lugar ó longo duns oitenta minutos reais, e se desenvolve entre a sala de estar e a cociña da casa na que conviven as dúas mulleres, ás que dan vida Gloria Sanpedro e Beatriz Alonso.