Escoitar

A Copa do Mundo de Hípica celebrarase en febreiro

luns, 28 xan 2002
imx1030.jpg
Concurso de saltos
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou a Copa do Mundo de Hípica que se celebrará en Vigo do 14 ó 17 de febreiro. Vigo será a única sede do Estado español que vai albergar este evento.

Domínguez explicou que a Copa do Mundo de Hípica será a celebración deportiva máis importante que acolle a cidade e contará cunha importante presencia dos mellores xinetes dos países máis representativos da hípica e cunha potencial asistencia de visitantes de todo o Estado español e de Portugal.

A calidade do proxecto presentado para a candidatura e a experiencia dos anteriores concursos internacionais celebrados na cidade foron determinantes para a decisión de que Vigo fose sede desta Copa do Mundo, quedando excluída a candidatura de Madrid tamén interesada en acoller este evento. ”Existe a posibilidade de que se celebre aquí durante tres anos máis e, nese caso, Vigo converteríase en sede estable deste acontemento deportivo”, sinalou Santiago Domínguez.

Descargar todas as imaxes