Escoitar

Visitas guiadas ao "Quiñones de León" no Día Internacional dos Museos

Co gallo do Día Internacional dos Museos, o Museo Municipal "Quiñones de León" oferta un servizo de visitas guiadas os días 17 e 18 de maio, mércores e xoves.

martes, 16 mai 2006
1147786287castrelos.jpg
O horario de apertura destas xornadas será:
- de 10’00 a 14’00 horas (mañá)
- de 17’00 a 20’00 horas (tarde)

Visitas guiadas de grupos.-
- Os días 17 e 18 organizaranse grupos na entrada do museo para realizar visitas guiadas, sen necesidade de reserva ata un máximo de 30 persoas.
- Os percorridos guiados iniciaranse ás seguintes horas:
- Mércores 17: cada media hora entre as 10’00 e as 13’00 e entre as 17’00 e as 19’00 h.
- Xoves 18: ás 11’30, 12’15, 13’00, 17’00; 17’45; 18’30 e 19’15.
- Os grupos con guía propia deberá comunicar a súa visita ao museo, con antelación.

Ademais, o xoves día 18 espéranse visitas de grupos de turistas franceses e dun grupo de estudantes de Palermo que realizan actividades de intercambio cun instituto vigués.

Cada ano, dende 1997, celébrase o Día Internacional dos Museos ao redor da data do 18 de maio. Esta xornada é unha ocasión para o reencontro co público e trata de sensibilizar sobre os desafíos que deben afrontar os museos.
Descargar todas as imaxes