380 escolares participaron na xincana literaria organizada por Normalización Lingüística
O Servizo de Normalización Lingüística desenvolveu no Verbum do 27 de abril ate o 5 de maio unha xincana literaria co nome de "Xogando coas letras" dirixido a nenos e nenas de entre 9 a 12 anos para dar a coñecer a Manuel Lugrís Freire, persoeiro a quen este ano dedícase o Día das Letras Galegas.
Lugrís Freire (Sada, 1863-A Coruña, 1940) é autor dunha ampla obra que abrangue todos os xéneros: a poesía, con títulos como Soidades, Noitebras, Versos de loita, Ardencias e As Mariás de Sada; o teatro, con pezas como A costureira d’aldea, A ponte, Minia, Mareiras, Esclavitú, O pazo e Estadeíña; e a narrativa, coa novela O penedo do crime e os seus Contos de Asieumedre. Ademais de fundador e presidente da Real Academia Galega, coeditor do primeiro xornal en galego publicado na emigración e iniciador da oratoria política en galego, foi autor da primeira gramática da lingua galega escrita integramente en galego.
O Servizo de Normalización Lingüística quixo unirse aos actos de conmemoración do 17 de maio e dar a coñecer este insigne persoeiro. Desta vez dirixímonos ao público máis cativo dende unha perspectiva totalmente participativa. Así, organizamos unha xincana literaria na cal os nenos e nenas, a través dunha serie de xogos e misterios que teñen que resolver, coñeceron a vida de Manuel Lugrís Freire e o contexto histórico no que viviu.
Na actividade participaron un total de 7 colexios e arredor de 380 alumnos e alumnas.
Descargar todas as imaxes