Escoitar

Nenos e nenas de Villalaura pasan un día máxico na Escola Municipal do Xogo

venres, 18 xan 2002
imx989.jpg
A concelleira de Educación, Ana Gandón, participou hoxe , na Escola Municipal do Xogo, nunha xornada de convivencia con alumnos e alumnas de educación infantil do colexio público Villalaura. O programa educativo ” Aprender Xogando” que se desenvolve na devandita escola, propón pasar un día máxico na mesma e repostar á demanda de actividades lúdico-educativas destinadas ós centros de educación infantil, primeiro ciclo de primaria e de educación especial.

A Escola Municipal do Xogo, situada na rúa Tomás Alonso, dispón de dúas plantas e un patio exterior. No primeiro andar atópanse tódolos xogos e xoguetes e no segundo está a zona de obradoiros, animación á lectura e teatro de sombras. Todo o espacio está adaptado á realidade psicolóxica de entre 3 e 7 anos.

Na escola confluen elementos que estimulan a creatividade do nenos e nenas a través de conxuros, cantos, disfraces e elementos inusuais. A visita supón o disfrute dunha mañá máxica e novedosa onde os nenos saen do seu entorno cotiá para atopar un mundo fantástico feito a súa medida, dando renda solta a súa personalidade aprendendo e divertíndose á vez.

No presente curso escolar realizaranse 155 visitas e participarán 6.975 nenos e nenas, de 125 centros.

O presuposto para o desenvolvemento do programa ” Aprender Xogando” na escola municipal do xogo é de 37.956,92 €.
Descargar todas as imaxes