Escoitar

A Xerencia aproba dous proxectos de urbanización

venres, 18 xan 2002
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou inicialmente o proxecto de urbanización do Peri IV-05 Travesía de Vigo-Aragón, que abrangue unha ampla área situada entre a rúa Aragón e o camiño de Pinelas.

O proxecto prevé a conexión peonal entre a rúa Aragón e o camiño de Pinelas a través de escaleiras e ramplas peonais e a creación de xardíns no contorno. Tamén se habilita espacio para o acceso de vehículos aos inmobles. O custo da obra estímase en 35.616.037 ptas.

Aprobado o Estudio de Detalle que permitirá completar a mazá situada entre Quintela e Ramón Busch

O Consello da Xerencia deulle a súa aprobación inicial ao Estudio de Detalle que permitirá completar a urbanización dunha mazá de 1.800 m2 situada entre as rúas Quintela e Ramón Busch, a carón da praza da Miñoca. O estudio inclúe a apertura dunha rúa peonal a través da mazá e a construcción de sólidos de 5 e 6 alturas.