Escoitar

” Vigo a escena” trae unha fin se semana chea de teatro

venres, 18 xan 2002
A compañía teatral Máscara Produccións representará o sábado, a obra “Malandros”, e Teatro Avento representará “Papá e mamá están ben”, dentro da iniciativa da concellería de Festas e Animación Sociocultural “VIGO A ESCENA”.

A obra “Malandros” conta a historia de Renato, o Pacífico, e a súa cuadrilla seleccionada, e dun asalto que espantará ó mundo. Trátase dunha adaptación da novela “Crónica dos bons malandros”, do escritor e periodista portugués Mario Zambujal, e está interpretada por Patricia Alfaya, Xerome Caleiro e Antón Casal, entre outros, e coa música do guitarrista Tony Darco.

A representación de “Malandros” terá lugar o sábado, ás 20.30 horas, na A.“EMILIO CRESPO” de San Paio de Navia.

En canto ó domingo, poderemos ver a obra “Papá e mamá están ben”, que Teatro Avento representará ás 19.00 horas na A.VV.Santa Mariña de Cabral.

Esta obra conta a historia dun matrimonio maior que reúne ós seus fillos na casa durante as festas do Nadal. Nun momento da cea, a nai expón os fillos que tanto ela como seu pai xa son maiores, e que algún terá que facerse cargo deles. A discusión entre os fillos comeza cando seus pais van durmir, pero todo se arranxa despois de ver unha das novas do informativo de televisión.