Escoitar

VI Trofeo de tiro con arco ” Nito Ruiz”

xoves, 17 xan 2002
imx981.jpg
A concellería de Deportes colabora na celebración do trofeo Nito Ruiz de tiro con arco na súa sexta edición que se celebrará o próximo domingo día 20 no pavillón de Coia dende as 8.30h. ata as 14.30 horas.

Esta competición pertence a unha tirada da Real Federación Española de Tiro con Arco clasificatoria para o campionato de España desta disciplina. Á competición asistirán en torno a 65 arqueiros de Galicia, Portugal e outros lugares do territorio estatal. Entre os asistentes ó trofeo destaca a presencia do subcampión de España absoluto e a medalla de bronce en mulleres.

O trofeo desenvolverase nunha tirada inicial dividida en dúas quendas de 30 frechas cada unha a triple diana. Posteriormente levaranse a cabo as eliminatorias que darán lugar as finais e a proclamación da campións.

Nesta competición entregarase unha frecha de prata ó deportista que logre o récord do campionato que na actualidade ten Isidro Veiras con 568 puntos, conquistado na edición do ano pasado.

O remate da competición proclamaranse os campións do Trofeo e procederase a entrega de trofeos ós gañadores.
Descargar todas as imaxes