Constitución da comisión de seguimento das obras de saneamento do rural
A Corporación Municipal co fin de avanzar na mellora medioambiental e nas condicións sanitarias da poboación continúa coa dotación da rede de saneamento no rural de Vigo polo que a próxima semana comezarán as obras do segundo plan de saneamento.
Co fin de controlar e tutelar a boa marcha das obras constituise hoxe a Comisión Mixta de Seguimento das Obras do Segundo Plan de Saneamento no Rural que está integrada polo concelleiro de Vías e Obras: un representante de cada partido político, con representación municipal: o enxeñeiro xefe da Vías e Obras: o director das obras: un representante de Seragua: un representante da empresa constructora: un da federación de Veciños, e un de cada asociación veciñal onde se executen as obras.
A Comisión reunirase unha vez o mes e velará pola marcha das obras sobre o cumprimento de prazos, reposicións de servicios afectados e firmes e protección do medio ambiente.
Os lugares onde se vai completar a rede de saneamento son Lavadores, Bembrive, Coruxo e San Miguel de Oia. O investimento previsto supera os 1.500 millóns de pesetas.